Novas

Proxecto Cris Seijo – Adestramentos e sorrisos

A Fundación Breogán segue apostando polo deporte como motor de integración e benestar. Nos adestramentos da vertente socio-deportiva do proxecto Cris Seijo, as risas, a enerxía e os sorrisos das participantes fannos ver que o baloncesto é moito máis que un xogo.

Unha iniciativa pensada para que mulleres maiores de 35 anos desfruten da actividade física nun ambiente de complicidade, superación e moita diversión. Porque cada canastra conta, pero cada sorriso aínda máis!