Novas

MATUMAINI XA É REALIDADE

A pasada semana déronse os primeiros botes de balón do Proxecto Matumaini, unha nova iniciativa da Fundación Breogán que usa o baloncesto como ferramenta de integración para solicitantes de asilo.

Baixo a dirección do adestrador Aitor Vázquez, participantes de Somalia, Palestina, Venezuela, Colombia, Níxer e outros países comezaron a adestrar, compartindo esforzo, ilusión e, sobre todo, moita esperanza.

Este proxecto desenvólvese grazas ao patrocinio de Cruz Vermella Lugo, Diaconía, UNED Lugo e USC e á colaboración do Concello de Lugo e a Xunta de Galicia.

Seguimos apostando polo deporte como motor de cambio e inclusión!