Novas

Proxecto Cris Seijo – Liga Veteranas 14/12/25

O Seijo Team continúa con paso firme na Liga Galega de Veteranas da @fegababaloncesto cun novo triunfo, desta vez a domicilio. Na súa visita a Santiago de Compostela, as nosas xogadoras impuxéronse ao Golden CAB La Salle por 32 a 46, sumando así a segunda vitoria da tempada.

O encontro tivo ademais un significado especial ao tratarse do primeiro partido oficial de Juan Corral desde o banco, nunha xornada que volveu poñer en valor o traballo colectivo, a experiencia e a competitividade do equipo.

Máis aló do marcador, o Seijo Team segue representando a vertente deportiva do Proxecto Cris Seijo da Fundación Breogán: un espazo no que o baloncesto serve como punto de encontro, superación e ilusión compartida.

Seguimos medrando xuntas, partido a partido. 💙
Imos con todo!