Onte no Proxecto Forte cambiamos de deporte e iniciamos os adestramentos de Fútbol Sala, da man de Dani Díaz.
O técnico de Viveiro foi adestrador na División de Honor Feminina do Poio Fútbol Sala e co ADC Lugosala acadou o ascenso á 2ªB na tempada 22/23.
Todo un luxo para os nosos rapaces e rapazas recibir esta clase de fútbol sala deste apaixoado da ensinanza deportiva. Grazas Dani!
Queremos agradecer tamén a ADC Lugosala a cesión do material empregado na actividade e aproveitamos para desexarlles moita sorte o vindeiro sábado no Municipal, xa que se xogan o todo polo todo no derradeiro encontro do playoff de ascenso á 2ª División fronte ao Xerez.
A través da ligazón na súa biografía podedes acceder a mercar a vosa entrada porque hai que #EncherOMunicipal.