Novas

Proxecto Ícaro – Béisbol 21/01/25

Onte puxemos o broche final aos achegamentos ao béisbol dentro do Proxecto Ícaro.

Foron sesións cheas de aprendizaxe, ilusión e moito movemento, nas que descubrimos os segredos deste apaixonante deporte.

Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento ao adestrador Pedreira, do Lume Béisbol Club de Lugo, que nos guiou con paciencia e entusiasmo, transmitíndonos os valores e a técnica do béisbol. Como pequeno recordo e mostra do noso recoñecemento, entregámoslle unha peza de oartesan3D, unha lembranza especial destas xornadas compartidas.