Nos talleres de estimulación cognitiva que realizamos co Proxecto Avós nas residencias públicas da Xunta de Galicia, A Milagrosa e As Gándaras, propoñemos aos nosos maiores unha actividade moi especial: “O Caixón Fundación”.



Este xogo axúdalles a traballar a memoria a curto prazo dun xeito divertido e participativo. No caixón atopamos obxectos representativos da Fundación Breogán, do C.B. Breogán e mesmo elementos creados por eles! O reto? Memorizar os obxectos e logo identificar cal falta ou cal estaba dentro.
Unha maneira marabillosa de activar a mente, compartir recordos e seguir sentíndose parte da gran familia breoganista!


