Onte foi unha tarde especial para as mozas e mozos do Proxecto Ícaro.
Tiveron a oportunidade de iniciarse no rugby, coñecendo os seus fundamentos e valores: compañeirismo, esforzo, respecto e traballo en equipo.



Moitísimas grazas ao Muralla Rugby Club por achegar este deporte ao proxecto cunha xornada chea de aprendizaxe, ilusión e bo ambiente!
O Proxecto Ícaro, impulsado pola Fundación Breogán grazas ao apoio da Vicepresidencia da Excma. Deputación de Lugo, continúa ofrecendo oportunidades de inclusión e desenvolvemento persoal a través do deporte, como ferramenta de igualdade.


