Hoxe rematamos a tempada 2024-2025 do proxecto Pazo Aberto coa última visita do curso. Tivemos a sorte de recibir ao alumnado de 2º e 5º de Primaria do CEIPP de Nadela, que puideron coñecer de preto o corazón do C.B. Breogán e descubrir os espazos máis representativos do club no Pazo dos Deportes.



Nesta xornada tan especial, os máis pequenos achegáronse á historia e identidade do Breogán, visitando zonas como a sala de trofeos, a sala de prensa ou a pista, e sentindo o espírito breoganista que une a toda unha cidade.
Dende a Fundación Breogán, queremos agradecer a todos os centros que nos acompañaron nesta primeira edición do proxecto. Foi unha honra abrir as portas do día a día do C.B. Breogán e amosar o que fai especial ao club.
✨ Agardamos con ilusión poder continuar o camiño xuntos a vindeira tempada.



O Pazo é casa de todos. O Breogán tamén é voso.