
Organizado pola Fundación Breogán e co apoio do Concello de Lugo e da Xunta de Galicia.
Proxecto social que busca facer do baloncesto unha ferramenta de integración para solicitantes de asilo, principalmente provenientes de países do África subsahariana.
O proxecto consiste en organizar un día á semana no CEIP Anexa, adestramentos de baloncesto gratuítos, abertos a persoas refuxiadas e inmigrantes na nosa comunidade. Estes adestramentos non só servirán para ensinar os fundamentos do baloncesto, senón tamén para fomentar a inclusión social, a convivencia e o desenvolvemento persoal.
O obxectivo é que estes mozos e adultos, que pasaron por situacións difíciles e traumáticas, atopen no baloncesto unha forma de desconectar, de sentirse parte dun equipo e dunha nova comunidade que os acolle cos brazos abertos. A través do deporte, queremos axudarlles a reconstruír a súa vida, ofrecendo un espazo seguro onde poidan aprender, gozar e facer amigos.
