Novas

Proxecto Matumaini – ADC Lugosala

O pasado venres, os rapaces do Proxecto Matumaini cambiaron o baloncesto polo fútbol sala grazas aos amigos do ADC Lugosala.

@guillemart89, adestrador do equipo de 2ª División, e @juanlopezsan, adestrador da escola, prepararon un adestramento moi divertido no que todos gozaron ao máximo.

Como broche final, o ADC Lugosala tivo un gran detalle con nós e agasallou a todos os rapaces con entradas para o seu encontro contra o Alzira Fútbol Sala.

Moitas grazas por esta experiencia inesquecible!