Novas

IV Edición das Xornadas de Tecnificación

A FUNDACIÓN BREOGÁN e o C.B. BREOGÁN presentan a IV Edición das Xornadas de Tecnificación de baloncesto para nen@s de 8 a 16 anos!

📌 Durante as xornadas, os participantes compartirán adestramentos con xogadores e técnicos do @cbbreogan, asistirán a charlas formativas e levarán agasallos exclusivos como recordo da súa experiencia.

📅 Inicio: 14 de abril
🕘 Horario: De 9:00 h a 16:00 h
📍 Lugar: Anexo do Pazo dos Deportes de Lugo

🔵 INSCRICIÓNS ABERTAS! 🔵

📌 Dende agora, poden inscribirse as Empresas Benefactoras e Colaboradoras e os soci@s benefactores.
📌 A partir do sábado 1 de marzo ás 14:00 h., abriranse as prazas para o público xeral ata o xoves 6 de marzo ás 20:45 h., ou ata completar o aforo.

✍ Inscríbete aquí:
🔗 https://forms.gle/f2vxhatDjkjRHFf8A (Ligazón no noso perfil de Instagram).
🔗 https://fundacionbreogan.org/xornadas-de-tecnificacion-2025
🔗 https://fundacionbreogan.org/inscricions-2

⚠ IMPORTANTE: As inscricións de participantes que non cumpran cos criterios iniciais non garantirán praza ata a apertura xeral do 1 de marzo.

Non perdas a oportunidade de mellorar o teu xogo co Breo e a Fundación Breogán!