Onte, no adestramento de baloncesto do Proxecto Persoas, tivemos a sorte de recibir a varios xogadores do ADC Lugosala, que se uniron aos nosos adestradores e voluntarios para compartir unha tarde única.



Adriá Blat, Dani Pineda, Willy May e Taisei Akiyama cambiaron o balón de fútbol polo de baloncesto, demostrando que o máis importante é sumar, compartir e desfrutar do deporte xuntos!
Moitísimas grazas a eles e ao ADC Lugosala por esta gran experiencia!


