Onte demos o pistoletazo de saída ao Programa Lúdico e de Ocio Saudable nos Barrios cunha fantástica mañá soleada na Praza da Milagrosa!
Unha iniciativa dentro do programa +xTI 24-25, impulsado polo Concello de Lugo e a Concellería de Deportes e Xuventude.



Este programa é unha evolución do Basket Na Rúa, que levamos tres anos desenvolvendo desde a Fundación Breogán. A gran novidade? Ademais de baloncesto, cada semana acompañaranos profesorado de Educación Física de centros educativos lucenses.
O primeiro en sumarse foi Benxamín Muras, do CEIP Luis Pimentel, quen fixo desfrutar aos nenos e nenas con xogos e exercicios. Tamén contamos coa visita especial do gran Máximus, que puxo a súa enerxía e diversión!



A xornada pechouse cunha competición de twoball onde os participantes deron o seu mellor baloncesto xunto a pais, nais e ata unha avoa! O Concelleiro de Deportes, Jorge Bustos, entregou as medallas do @oartesan3d aos gañadores, e no sorteo repartimos merchandising do C.B. Breogán e camisetas do proxecto asinadas polo equipo celeste.



Grazas a todos por facer deste primeiro día un éxito! Vémonos o vindeiro sábado 5 de abril, de novo na Praza da Milagrosa. Non faltes!






