Novas

Proxecto Persoas – Bo Nadal

Esta semana puxemos o broche final aos adestramentos do proxecto Persoas antes das vacacións de Nadal.

Os protagonistas, os nosos nenos e nenas, encheron cada sesión de ilusión, esforzo e ganas de superarse. Coas súas enerxías e sorrisos, lembráronnos o valor de compartir e aprender xuntos.

Queremos agradecer de corazón o labor dos nosos adestradores e dos voluntarios da Fundación Breogán e entidades colaboradoras. Grazas ao voso compromiso e dedicación, cada adestramento foi unha experiencia única e inesquecible para todos.

Agora é momento de descansar, recargar enerxías e gozar destas datas máxicas. Á volta, seguirán máis adestramentos e momentos especiais cheos de aprendizaxe e ilusión.

Grazas a todos por formar parte desta aventura. Boas festas!