Derradeira sesión do ano de Grazas A-Vós
Onte despedimos o ano nas residencias de maiores da Xunta de Galicia da Milagrosa e As Gándaras co último taller de activación física do noso proxecto Grazas A-Vós. Entre sorrisos, exercicio e moito agarimo, xa se respira o espírito do Nadal en cada recuncho.
Tomaremos un pequeno descanso para celebrar estas festas máxicas e regresaremos o 9 de xaneiro con máis enerxía, ilusión e co obxectivo de seguir compartindo momentos inesquecibles con vós.
Grazas por formar parte deste proxecto que nos enche de vida e inspiración. De parte da Fundación Breogán, desexámosvos un Nadal cheo de ledicia e un próspero aninovo!