Novas

Proxecto Persoas – Colaboración ADC Sagrado Corazón

🤝 Onte tivemos o pracer de contar coa visita dunha representación do ADC Sagrado Corazón no marco do Proxecto Persoas. Foi unha xornada chea de sorrisos, baloncesto e momentos compartidos, que nos fixo especial ilusión vivir con vós.

Moitísimas grazas por achegarvos, por participar con tantas ganas e por formar parte desta iniciativa que non deixa de medrar grazas a colaboracións como a vosa.
Encantounos a vosa compañía e agardamos volver vernos moi pronto!

🧡 Tamén despedimos —ata a próxima tempada— a Abel, alumno do CEE Santa María, que recibiu o seu diploma como recoñecemento ao seu esforzo e ilusión durante todo o curso. Grazas, Abel, por contaxiarnos a túa enerxía!

Este proxecto é posible grazas ao convenio entre a Fundación Breogán e a Área de Deportes da Excma. Deputación de Lugo.