Todos os mércores, temos unha cita co proxecto Grazas A-Vós!
Na Fundación Breogán continuamos co noso compromiso coas persoas maiores grazas ao apoio da Xunta de Galicia, levando actividades ás residencias públicas das Gándaras e da Milagrosa.



🔁 Alternamos sesións semanais de:
💪 Mellora física e activación, con Álex e Nerea.
🧠 Estimulación sensorial e cognitiva, con Luis Abel Taboada (director da Fundación) e María Piñeiro.



Cada obradoiro é unha oportunidade para fortalecer corpo, mente… e comunidade.
📅 Seguimos sumando mércores cheos de vida e participación! Grazas a todas as persoas que facedes posible este camiño.


