A pasada semana concluiron os adestramentos do Proxecto Persoas polo que respecta a esta tempada.
Ogallá poidamos voltar logo das vacacións con esta actividade que realizamos semanalmente grazas ao convenio coa Excma. Deputación de Lugo.
Moitas grazas adestradores, voluntari@s, participantes e empresas e asociacións que colaboran nesta marabillosa iniciativa, sen a vosa axuda esto non sería posible.
Que teñades todos un feliz verán e non deixedes de xogar a baloncesto.