Novas

Ningún Aro Sen Rede – Resultados Curso 22/23

Unha vez rematada a primeria edición do proxecto NINGÚN ARO SEN REDE soamente temos palabras de agradecemento para tódolos centros educativos participantes, que acadaron a cifra de 18Kg. e 266gr. de material de escritura para reciclar.

Os colexios máis “recicladores” foron: en 3ª posición o CEIP ROSALÍA DE CASTRO (Lugo) con 2.825 gr; 2ª o CEIP VELEIRO DO CAMPO (Ribeiras de Lea) con 4.800 gr. e o noso campión foi o CEIP DE MONTERROSO, con nada menos que 5.200 gr.

Como premio á súa altísima concienciación e educación medioambiental, os gañadores teñen á súa disposición 100 entradas para asistir a un encontro do C.B. Breogán na vindeira tempada 2023/24.

O proxecto NINGÚN ARO SEN REDE terá continuidade no vindeiro curso. Abriremos o período de inscrición no mes de setembro, así que animamos a tódolos centros de Lugo capital e provincia, a que se unan a nós para ter un mundo máis sostible, que aposte pola economía circular e para optar aos novos agasallos.

O número máximo de centros educativos para a 2ª edición estará limitado aos 10 primeiros inscritos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *