Esta semana recibimos ao primeiro colectivo que se achega a adestrar con nós: Muller en Forma, un programa referente na promoción do benestar, da igualdade e da actividade física ao aire libre.



As súas participantes compartiron pista cos nosos rapaces e rapazas nunha sesión chea de enerxía, complicidade e aprendizaxe mutua. Unha tarde na que volvemos demostrar que o baloncesto é un espazo que integra, conecta e transforma.
Grazas a Muller en Forma por sumarse a esta experiencia e por contribuír a facer do deporte un lugar máis humano, máis accesible e máis igualitario.
💙 Todos iguais, todos diferentes, simplemente Persoas.