A pasada semana realizamos o último adestramento do curso 23/24 do proxecto Persoas, que tiveron lugar cada xoves no Pazo dos Deportes de Lugo. Esta tempada foi novamente unha experiencia enriquecedora e chea de momentos memorables.
Ao longo do ano, os nosos adestradores e o equipo de apoio guiaron aos nosos participantes con dedicación e agarimo. Cada sesión no Pazo dos Deportes foi unha oportunidade para fortalecer a pequena familia na que nos convertemos e promover un estilo de vida activo.
![](https://fundacionbreogan.org/wp-content/uploads/2024/06/34ULTIMO-ADESTRAMENTO-scaled.jpg)
![](https://fundacionbreogan.org/wp-content/uploads/2024/06/35ULTIMO-ADESTRAMENTO-scaled.jpg)
![](https://fundacionbreogan.org/wp-content/uploads/2024/06/36ULTIMO-ADESTRAMENTO-scaled.jpg)
Queremos agradecer un ano máis a colaboración da Deputación de Lugo para poder levar a cabo este proxecto e estendemos o noso sincero agradecemento aos voluntarios da Fundación Breogán e aos das entidades colaboradoras polo seu apoio e enerxía.
A tod@s @s participantes, grazas polo voso ánimo, compromiso e por inspirarnos coa vosa determinación. Despedímonos deste curso co corazón cheo de gratitude e esperamos volver con máis enerxía e novos desafíos para a próxima tempada.
![](https://fundacionbreogan.org/wp-content/uploads/2024/06/33ULTIMO-ADESTRAMENTO-scaled.jpg)
Feliz verán a tod@s! Coidarvos moito.