Novas

Segunda fase da Experiencia Breogán con ASORLU

Rematamos esta semana tan especial coa visita ao Pazo dos Deportes, onde unha representación de persoas usuarias de ASORLU puido gozar, dende o palco VIP da Fundación Breogán, da gran vitoria do Río Breogán fronte ao ASISA Joventut.

Foi unha xornada chea de emoción na que todas e todos desfrutaron moito do ambiente e do espectáculo.

Ademais, nun dos descansos do partido, Mónica Lourés, Vicepresidenta de ASORLU recolleu un pequeno recoñecemento ao labor da asociación de mans de Manuel García Rielo.

Queremos dar as grazas á nosa empresa benefactora, Clínica García Rielo, por facernos posible coñecer e dar visibilidade ao importante traballo que desenvolve ASORLU.

E, por suposto, a ASORLU, parabéns por todos estes anos de compromiso, esforzo e defensa da inclusión