Logo do enorme éxito da primeira temporada voltamos con máis PROXECTO PERSOAS.
Esta é unha actividade organizada pola Fundación Breogán, que realizamos en convenio coa Excma. Deputación de Lugo e na que contaremos coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, Raiolas, Afalu e Adace Lugo.
Os adestramentos comezarán o vindeiro xoves día 19 de outubro, ás 16:00 h. na pista central do Pazo dos Deportes de Lugo. Estarán dirixidos polo Director da Fundación Breogán, Salva Arco e os adestradores da Fundación. A maiores, contaremos con persoal especializado enviado polas entidades colaboradoras e @s voluntari@s da Fundación Breogán.
Dende este momento quedan abertas as inscricións a través do formulario que podedes atopar na nosa web fundacionbreogan.org/inscricions e nas historias destacadas do Instagram da Fundación.
Recorda que as prazas son limitadas.