Novas

Experiencia Breogán – Visita Asociación Cultural Fiadeira

O venres, unha pequena comitiva formada por Albert Ventura e Juan Fernández, xogadores do C.B. Breogán; Salva Arco e Adrián Gómez, en representación da Fundación Breogán e Nuria Varela-Portas de Orduña, de Pazo de Vilane, visitamos as instalacións da Asociación Cultural Fiadeira en Antas de Ulla.

Alí nos agardaban os/as membros da asociación, encabezada polo seu presidente Javier Valiño Vila, aos que sorprendemos en pleno ensaio.

Estas visitas que realizamos na Experiencia Breogán aos locales das Asociacións, serven para que se produza un intercambio moi enriquecedor para ambas partes. Deste xeito, nós coñecemos máis polo miúdo a Fiadeira e eles amosaron moito interese e plantexaron moitas cuestións relativas á Fundación Breogán e aos xogadores do C.B Breogán que nos acompañaron.

E como non podía ser doutro xeito, fixéronnos participar activamente na derradeira parte do ensaio e ata pretenderon que bailásemos a muiñeira con eles e elas.

Queremos agradecer a amabilidade e o agarimo co que fomos atendidos e o agasallo que nos entregaron, composto por varias camisetas da Asociación e un cd coa súa música.

A derradeira parte desta Experiencia Breogán producirase hoxe, coa visita dos membros da Asociación ao Pazo dos Deportes de Lugo, no que realizaran o famoso tour polas intalacións e presenciaran o encontro C.B Breogán vs Valencia Basket desta tarde.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *