Novas

Sinatura do convenio coa Fundación Clínica Dental Solidaria de Lugo

A Fundación Breogán comprácese en anunciar un convenio de colaboración co Colexio de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo, a través da súa Fundación Clínica Dental Solidaria de Lugo.

O acto de sinatura foi realizado polo Director da Fundación Breogán, Salva Arco e a Dra. María Núñez, Presidenta do Colexio de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo.

Na Fundación Breogán, seguimos crecendo e sumando esforzos con asociacións, fundacións e entidades representativas no ámbito da saúde en Lugo. Cremos firmemente que a saúde bucodental é un dereito esencial para todos e comprometémonos a difundir e promover actuacións para dar a coñecer a importancia de ter unha boca sa.

Esta colaboración complementará as accións que xa estamos a desenvolver nos nosos proxectos actuais, fortalecendo así o noso impacto na comunidade e estendendo o noso alcance para axudar a máis persoas.

Xuntos, traballaremos para promover a saúde e o benestar dos lucenses.