No descanso do encontro do pasado sábado entre o C.B Breogán e o Gran Canaria, nove dos máis de vinte inscritos que cada semana participan nos adestramentos do Proxecto Persoas, sairon ao centro da pista, coa nova equipación do 2024, para a súa presentación e para xogar a baloncesto e recibir o aplauso da bancada lucense.
Acompañados polos seus familiares presenciaron o encontro a pé de pista e viviron así de preto e con moito entusiasmo o que agardamos que fose unha experiencia inolvidable.
Queremos agradecer a presenza dos voluntarios da Fundación Breogán, adestradores e monitores das entidades colaboradoras (AFALU, ADACE e RAIOLAS), sen a vosa axuda esta fermosa actividade non sería posible.
Nós continuaremos coa mesma ilusión e as mesmas gañas de practicar baloncesto cada semana ata o mes de xuño.