Novas

Proxecto Persoas – Nova equipación

Hai unha semana, no Pazo dos Deportes de Lugo, unha representación dos rapaces e rapazas que cada semana participan no Proxecto Persoas sairon ao centro da pista lucindo as súas novas equipacións deportivas.

Camiseta e pantalón cos que quixemos plasmar a traves das cores, a alegría e o optimismo co que nos agasallan en cada adestramento.

Moitas grazas a todos eles e elas e ás súas familias, polos valores tan importantes que transmiten e por permitirnos aprender ao seu carón.