Novas

Votación Doazón Benéfica 2024

Unha vez rematadas as Experiencias Breogán do 2024, chega o momento no que @s nos@s soci@s benefactores elixan qué asociación recibirá a doazón anual da Fundación Breogán.

Durante todo este ano, as nosas empresas benefactoras (Río de Galicia, Transportes Valín, Clínica García Rielo, Forestal Peninsular, Ibersys, Grupo Ditram e Pazo de Vilane) elixiron 5 entidades coas que vivimos 5 Experiencias Breogán moi especiais.

@s nos@s soci@s benefactores xa están a recibir a ligazón dende a cal poderán emitir o seu voto, dende este momento e ata o xoves día 9 de xaneiro. O importe que se destinará á citada doazón será de 2.000€.

As Asociacións e Fundacións que optan a recibir a doazón son:

Escola Taller Daulloa – (Pazo de Vilane).

Aspalu – (Clínica Dental García Rielo).

Asociación Prodeme – (Ibersys).

Fudace – (Grupo Ditram).

Fundación Dignidade – (Transportes Valín).