Novas

Estamos de volta!

Tras o descanso das vacacións de Nadal, retomamos con moita ilusión o proxecto Grazas A-Vós, unha iniciativa da Fundación Breogán co apoio da Xunta de Galicia.

Onte tivemos a oportunidade de realizar un novo taller de estimulación cognitiva nas residencias de maiores de As Gándaras e A Milagrosa.

Seguimos traballando con entusiasmo para que cada sesión sexa unha experiencia enriquecedora e chea de significado para os nosos Avós.