Hai proxectos que falan de baloncesto. E hai proxectos que falan de persoas.
Experiencia Breogán é unha das iniciativas máis especiais da Fundación Breogán. Un proxecto que achega o universo breoganista a asociacións, fundacións e colectivos que desenvolven un labor social fundamental na nosa contorna.
Ao longo da tempada, cinco entidades son protagonistas dunha experiencia que combina tres momentos únicos:
🏟️ Visita ao Pazo e encontro co equipo.
🤝 Visita do Río Breogán e da Fundación Breogán á entidade.
💙 Participación nun partido no Pazo, contando cun espazo propio para dar visibilidade ao seu traballo.
Coa tempada 2026/27 serán xa 6 edicións e 30 asociacións, fundacións e colectivos os que terán formado parte desta experiencia.
Un proxecto que non sería posible sen o compromiso das nosas Empresas Benefactoras, que nos axudan a seguir dando voz e visibilidade a quen traballa cada día para construír unha sociedade mellor.
