Novas

🐾 PEGADAS DA MEMORIA | 2ª TEMPADA

Hai proxectos que deixan pegada. E outros que deixan recordos para sempre.

Tras unha ilusionante primeira tempada, Pegadas da Memoria continuará no curso 2026/27 achegando a terapia cognitiva asistida con animais ás persoas maiores do proxecto Grazas A-VÓS e ás persoas usuarias de COGAMI.

A través da interacción cos cans, traballamos a estimulación cognitiva, o benestar emocional, a participación e as relacións sociais, creando espazos cheos de confianza, afecto e aprendizaxe compartida.

Nesta segunda tempada, Virginia, da Escola Tephira, e a nosa querida Pequeñita volverán acompañarnos para regalarnos momentos únicos, deses que permanecen na memoria moito despois de rematar cada sesión. 💙🐾

Un proxecto innovador que demostra que, ás veces, as mellores terapias tamén teñen catro patas.

Grazas a Albia Funeraria Fernández, empresa benefactora da Fundación Breogán, por facer posible esta iniciativa.