Novas

DÍA DO DANO CEREBRAL ADQUIRIDO 2026

Detrás de cada persoa hai unha historia, unha vida e moito camiño por percorrer.

Neste día queremos dar visibilidade ás persoas con dano cerebral adquirido e ás súas familias, recoñecer o labor das entidades que as acompañan e lembrar a importancia do apoio, a comprensión e as oportunidades para construír unha sociedade mellor.

Desde a Fundación Breogán, seguimos apostando por un deporte que tamén axuda a derrubar barreiras e a abrir novas posibilidades.

Hoxe e todos os días, máis visibilidade, máis apoio e máis inclusión. 💙

#DiaDanoCerebralAdquirido

@danocerebralgalicia

@danocerebrallugo