Onte recibimos no Proxecto Persoas a visita dos nosos amigos de Lugo Running Club, nunha xornada na que o deporte volveu reunirnos para compartir momentos, aprendizaxes e moi bo ambiente.
Durante a sesión vivimos un adestramento diferente, marcado polo compañeirismo, o respecto e as ganas de superarnos xuntos.



Nesta ocasión tamén contamos coa presenza e participación de Mauro Nogueira, fisioterapeuta do CB Breogán, que acompañou ao grupo durante a actividade.
Queremos agradecer especialmente a José Manuel Peña, Iván, Dafne e Nuria, de Lugo Running Club, por sumarse a esta experiencia e por achegar tanta enerxía ao noso Proxecto.
💙 Tod@s iguais, tod@s diferentes… simplemente Persoas.


