Novas

2 de abril Día Mundial de Concienciación do Autismo

Este 2 de abril, a #FundaciónBreogán súmase á iniciativa para dar visibilidade e apoiar ás persoas con TEA e ás súas familias. Porque unha sociedade máis inclusiva é unha sociedade mellor para todas e todos.

📍 Programa de actividades en Lugo:
✨ 00:00 h. → Iluminación en azul da fachada principal do Concello de Lugo, a pasarela peonil Tanxugueiras e a fachada da Deputación de Lugo.
📖 12:00 h. → Lectura do manifesto.
💃 17:00 – 19:00 h. → Exhibición de baile da Escola de Danza Star Dance e xogos populares abertos a todo o mundo.

🔹 Todas as actividades terán lugar diante do Concello de Lugo, onde a asociación Raiolas Lugo, que colabora habitualmente coa Fundación Breogán, contará cun punto de información.

💙 Súmate! Visibilicemos xunt@s o autismo.

#LightItUpBlue 💙 #DíaMundialDoAutismo #SomosInfinitos #LugoEnAzul