Novas

Sorteo da Colaboración – C.B. Breogán Vs Real Madrid

🎟️ Sorteamos unha invitación DOBRE para o PALCO VIP da Fundación Breogán!

Este domingo ás 18:30 h. viviremos un auténtico partidazo no Pazo: C.B. Breogán 🆚 Real Madrid… e ti podes gozalo como nunca!

Dende a Fundación Breogán queremos agradecer a colaboración das nosas empresas colaboradoras, auténtico motor do noso proxecto social. Por iso, lanzamos este sorteo exclusivo para socias e socios benefactores da Fundación.

🤝 Nada grande se logra en solitario: o apoio colectivo mantén vivo o soño breoganista na ACB.
A colaboración, en todas as súas formas, é o que nos impulsa a seguir medrando dentro e fóra da pista.

👉 Participar é moi sinxelo (e exclusivo!): se es parte da nosa familia benefactora, xa estás dentro!

💬 Gañar experiencias únicas tamén é parte do compromiso. Grazas por colaborar, grazas por crer.