Novas

Emparellamentos listos para o IV Torneo 3X3 na Rúa

Este sábado 21 de xuño, as pistas exteriores do Pazo dos Deportes de Lugo serán escenario dunha xornada fantástica de baloncesto de formación.

🎉 Batemos récord de participación:
📌 130 xogadores e xogadoras de entre 9 e 18 anos.
📌 34 equipos.
📌 107 partidos.
📌 6 pistas simultáneas.
📌 Máis de 5 horas de xogo sen parar!

🔜 Consulta xa os emparellamentos da fase previa e prepárate para gozar do mellor 3×3 este sábado con nós!

💙 Orgullosos de seguir facendo crecer o baloncesto base desde a Fundación Breogán.