Un proxecto da Fundación Breogán que dende 2022 pon o deporte ao servizo da educación, achegando aos máis novos experiencias reais de deportistas que inspiran dentro e fóra das pistas.
De setembro a decembro de 2025 celebraremos a 4ª edición, con catro novas charlas nas que a mocidade lucense poderá descubrir valores como o esforzo, a superación, o traballo en equipo, a motivación e a resiliencia.
Máis de 300 estudantes participan cada ano neste ciclo, vivindo de preto testemuños que axudan a crecer persoal e colectivamente.
Luz ó Deporte é compromiso, aprendizaxe e futuro.
Unha iniciativa da Fundación Breogán en colaboración coa Xunta de Galicia e ABANCA.