Novas

AROS Luz, primeiro adestramento

Esta mañá compartimos momentos cheos de emoción, risas e moitas ganas de superarse 💪

As nosas amigas e amigos de Raiolas Lugo e Dano Cerebral Lugo completaron a primeira actividade de AROS Luz, demostrando que o deporte é un lugar de encontro, esforzo e ilusión compartida 💙

A sesión estivo dirixida polos adestradores da Fundación Breogán, Maisa López e Javier Casal (Tachi), xunto coa educadora social María Piñeiro, e acompañados por persoal das dúas asociacións, que fixeron desta xornada unha experiencia inesquecible 🙌