Abrimos as visitas deste novo curso do proxecto Pazo Aberto, unha iniciativa da Fundación Breogán e o Proxecto de Bana, que busca achegar o baloncesto, os seus valores e o espírito breoganista ao alumnado dos centros educativos da provincia.

E non puidemos ter mellor comezo: o CPI Dr. López Suárez de Friol inaugurou as visitas deste ano acompañado de dúas auténticas lendas celestes, Miguel Moure Bourio e Manuel Fernández Rey “Pirulo”, que compartiron cos nenos e nenas historias, lembranzas e a paixón que fixo grande ao C.B. Breogán.





A xornada completouse cun momento moi especial na pista, onde o alumnado puido coñecer e compartir uns intres cos xogadores do C.B. Breogán, vivindo en primeira persoa a maxia do Pazo dos Deportes.
💫 Pazo Aberto, unha porta ao deporte, aos valores e á historia celeste.