A Fundación Breogán, xunto cunha representación do CB Breogán, visitamos onte o Centro San Vicente de Paúl en Lugo dentro da nosa Experiencia Breogán, onde puidemos coñecer as súas magníficas instalacións e o valioso traballo que realizan cada día.



Nesta ocasión acompañáronnos Mihajlo Andric, Jordan Sakho e tamén dúas das nosas Lendas Breoganistas: Xavi Roca, Suso Fernández e Antonio Seral, que fixeron as delicias das usuarias e usuarios do centro. Pasamos unha xornada chea de sorrisos, conversa e tamén de baloncesto, xogando con eles e elas nun ambiente cheo de ilusión e complicidade.
Esta visita forma parte dunha semana moi especial na que estamos a profundizar no labor do Centro San Vicente de Paúl grazas ao apoio da nosa Empresa Colaboradora, o Grupo Ditram.



💙 E isto continúa!
O vindeiro sábado 22 serán eles quen nos devolvan a visita. Recibiremos ao grupo no Pazo, onde presenciarán desde o palco VIP da Fundación o encontro entre o CB Breogán e o Recoletas Salud San Pablo Burgos.