É un auténtico luxo contar desde esta semana con Juan Corral traballando coas rapazas da vertente deportiva do proxecto. Un referente absoluto dos banquiños do baloncesto lucense, cunha traxectoria marcada pola formación, o compromiso e unha sabedoría que só dan os anos de dedicación ao deporte que ama.
Se o Seijo Team xa era imparable… agora ten ademais a experiencia, a calma e a visión de alguén que leva toda unha vida facendo medrar o baloncesto en Lugo.



Pero por enriba de todo, o máis valioso é poder gozar da súa presenza, do seu baloncesto, da súa maneira de entender as persoas e de transmitir ilusión en cada sesión.
🏀 Benvido, Juan. Un pracer terte na casa.