Novas

Boccia escolar adaptada – Colexio Maristas

Hoxe demos o primeiro paso do noso novo proxecto BOCCIA ADAPTADA ESCOLAREu tamén son capaz, impulsado pola Fundación Breogán xunto con @danocerebrallugo, visitando o Colexio Maristas de Lugo.

Da man de Pablo Freire, educador social de Dano Cerebral Lugo o alumnado puido achegarse á Boccia Adaptada, un deporte paralímpico que evidencia que, con inclusión e adaptación, todas as persoas poden participar e gozar do deporte. 💙💪

Queremos agradecer ao profesorado e ao alumnado de Maristas o seu entusiasmo e a súa excelente acollida. Iniciamos así un percorrido polos centros educativos de Lugo para seguir rompendo barreiras e construíndo unha escola máis inclusiva.

Porque educar en valores tamén é isto: abrir portas, crear oportunidades e demostrar que…

✨ Eu tamén son capaz.