Novas

Boas Prácticas – Laura Sas – Qué comen os campións /oas?

Xa temos data para a primeira sesión formativa do Proxecto Boas Prácticas!

A Fundación Breogán pon en marcha esta nova iniciativa educativa coa primeira charla a cargo de Laura Sas Barbeito (@nutriiva), nutricionista especializada en nutrición deportiva.

🥗 “Que comen os campións e campioas?” será o título desta sesión, na que o alumnado descubrirá como a alimentación inflúe no rendemento e no benestar.

📍 Xoves 22 de xaneiro

  • CEIP Luis Pimentel – 10:00 h
  • CEIP Das Mercedes – 12:00 h

Seguimos traballando por unha educación en hábitos saudables desde a infancia.