PROXECTO ICARO 2026

A Fundación Breogán, a través do PROXECTO ÍCARO pon en marcha un programa de boas prácticas deportivas para mozas e mozos en risco de vulnerabilidade social. O seu obxectivo, entendendo o deporte como unha ferramenta idónea, é reducir a brecha social das rapazas e rapaces que non teñen a súa participación na sociedade garantida en condicións de igualdade, xa sexa por aspectos socioeconómicos, socioculturais, socioxeográficos ou persoais.

O proxecto é posible grazas á colaboración da Vicepresidencia da Excma. Deputación de Lugo e ao apoio das Fundacións Dignidade e Juan Soñador.

BALONCESTO: Noel Fernández.

TENIS DE MESA: CTM Milagrosa.

FÚTBOL SALA: ADC Lugosala.

TEMPORALIZACIÓN: 1 Sesión semanal (martes) dunha hora de duración.

DESTINATARIAS/OS: 12 prazas para rapazas e rapaces entre 14 e 18 anos e máis.

CONTIDOS:

FORMULARIO DE INSCRICIÓN 25/26 (Inscricións pechadas)

Ver en YouTube

Continuidade e compromiso no Proxecto Ícaro

Pode que o Proxecto Ícaro fose un dos proxectos máis mediáticos deste ano… pero ás nosas rapazas e rapaces non se lles sobe a fama á cabeza 😜

Eles e elas seguen adestrando cada semana, esforzándose, aprendendo e disfrutando do deporte como o primeiro día 🙌

E a próxima tempada será aínda máis especial: grazas ás persoas que colaborastes e ao apoio de Cancha Solidaria Endesa, poderán desfrutar de bolsas deportivas nos clubs lucenses que forman parte desta aventura:

🏃 @escuelaatleticalucense
🏓 @ctmmilagrosa
🏉 @murallarugby
🏀 @delugobaloncesto
🕺 @gravittylugo
🏐 @cvemevelugo
⚽️ @adclugosala
⚽️ @adcsagradocorazon1965
🥊 @boxingclublugo

Unha tarde diferente co ADC Lugosala

Os rapaces e rapazas do Proxecto Ícaro cambiaron o balón de baloncesto polo de fútbol sala para vivir unha xornada diferente e chea de enerxía! ☀️⚽

Aproveitando a soleada tarde, gozamos dunha fantástica sesión de adestramento da man dos amigos do ADC Lugosala, que compartiron con nós a súa paixón e coñecemento.

Moitas grazas a Fermín Hidalgo, adestrador do primeiro equipo, e aos xogadores Aarón e Pansi pola súa cercanía, implicación e por facer desta experiencia un día inesquecible para todos e todas. 💙

Seguimos sumando aprendizaxes, valores e momentos que nos fan medrar.

Somos gañadores de Cancha Solidaria

O Proxecto Ícaro da Fundación Breogán é un dos proxectos gañadores de Cancha Solidaria Endesa, rematando na 5ª posición final.

Entre máis de 200 iniciativas de toda España que utilizan o baloncesto como motor de cambio social, conseguimos situarnos entre os proxectos premiados. Un logro colectivo que pertence a todas as persoas que votastes, compartistes e empuxastes ata o final.

Este recoñecemento é posible grazas a todas as persoas que nos votastes e que confiastes no Proxecto Ícaro desde o primeiro día.

Grazas polo voso apoio, pola vosa difusión e por cada voto que nos levou ata aquí.

Este premio é colectivo. É da xente que cre nun baloncesto que transforma vidas.

Seguimos voando alto 💙

SEGUIMOS NA “LOITA”

Seguimos 2º… pero xa nos pisan os talóns!

Grazas a todas as persoas que estades votando e compartindo o Proxecto Ícaro.
Agora mesmo seguimos nunha posición incrible: segundos en Cancha Solidaria Endesa.

Pero isto aínda non rematou: cada voto conta e a clasificación está moi axustada.

👉 Entra nas nosas historias destacadas, na ligazón fixada no perfil ou aquí:https://endesabasketlover.com/cancha-solidaria/

🗓️ Tes ata o 16 de febreiro.

Imos a por ese último empurrón

CANCHA SOLIDARIA ENDESA

Finalistas nacionais!

A Fundación Breogán foi seleccionada entre os 10 proxectos finalistas de Cancha Solidaria Endesa, cunha iniciativa que nos representa: Proxecto Ícaro.

Máis de 150 proxectos sociais presentados en toda España, e nós estamos entre os mellores.

O baloncesto como ferramenta de transformación social segue voando alto.

Grazas por acompañarnos. 💙

#CanchaSolidaria #ProxectoIcaro

INICIO DA TEMPADA 25/26 (7 de outubro de 2025)

O 7 de outubro déronse por iniciados os adestramentos do Proxecto Ícaro, unha iniciativa da Fundación Breogán coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que segue a apostar pola formación, a inclusión e o baloncesto como ferramenta de transformación.

Este ano contamos cunha novidade importante: Noel Fernández incorpórase como novo adestrador da Fundación, asumindo o liderado do proxecto con moita ilusión e compromiso. 💙

A tempada arrinca con forza e entusiasmo — con novos retos, aprendizaxes e soños por cumprir.

04/11/25 – Tenis de mesa.

Un ano máis, e grazas ao apoio de diferentes clubs deportivos lucenses, abrimos as nosas actividades a novos deportes máis aló do baloncesto. Nesta ocasión, os rapaces e rapazas do proxecto gozaron dunha sesión chea de enerxía e diversión de Tenis de Mesa, da man do Club Tenis de Mesa A Milagrosa.

Queremos agradecer de corazón ao club e a Ismael Pérez Díaz, Máximo Dugo Patón e Cayetano Fdez Andión por abrirnos as portas e compartir connosco a súa paixón por este deporte.

18/12/25

Os rapaces e rapazas do Proxecto Ícaro da Fundación Breogán volveron visitar aos nosos amigos do Club Tenis de Mesa A Milagrosa, para gozar dunha nova xornada chea de aprendizaxe, movemento e diversión.

Seguimos abrindo o proxecto a distintas disciplinas deportivas, ofrecendo novas experiencias que fomentan valores como o esforzo, a convivencia e o traballo en equipo, sempre da man dos clubs deportivos da nosa provincia.

Este proxecto desenvólvese co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, á que agradecemos o seu compromiso co deporte e coa formación da mocidade.

👏 Grazas ao Club Tenis de Mesa A Milagrosa pola acollida e por compartir unha vez máis a súa paixón por este deporte cos nosos rapaces e rapazas.

INICIO DA TERCEIRA TEMPADA

O Proxecto ÍCARO volve á cancha!

Arrincamos a 3ª tempada do Proxecto Ícaro, e as nosas rapazas e rapaces xa están de novo en marcha, con ganas de seguir adestrando, aprendendo e desfrutando do deporte da man de @noel_barea. 🙌

Un novo curso cheo de oportunidades, retos e ilusión, que facemos posible co patrocinio da @vicedepulugo.

💙 Tres tempadas medrando, compartindo e demostrando que o deporte pode abrir moitas portas.