O Proxecto Ícaro naceu coa vontade de ofrecer novas oportunidades a mozos e mozas en situación de vulnerabilidade social, creando un espazo de encontro, aprendizaxe, autoestima e inclusión a través da actividade física.
Grazas á colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, da Fundación Dignidade e da Fundación Juansoñador, cada semana os participantes atopan no deporte unha ferramenta para desenvolver hábitos saudables, fortalecer a súa autonomía persoal, mellorar a súa confianza e construír relacións positivas.
Baloncesto, tenis de mesa, fútbol sala, rugby, béisbol e boxeo convértense así nun vehículo para educar en valores como o respecto, o compromiso, a perseveranza e o traballo en equipo.
Ao longo desta tempada, o Proxecto Ícaro recibiu ademais un importante recoñecemento ao situarse entre os proxectos premiados de Cancha Solidaria Endesa, acadando a 5ª posición entre máis de 200 iniciativas de toda España que empregan o baloncesto como motor de cambio social.
No curso 2026/27 celebraremos a súa 3ª tempada, incorporando novas oportunidades para os participantes grazas ás bolsas deportivas impulsadas xunto a diferentes clubs da provincia.
💙 Seguimos voando alto.
