Desde a Fundación Breogán seguimos adiante coas sesións formativas de 𝗕𝗼𝗮𝘀 𝗣𝗿𝗮𝗰𝘁𝗶𝗰𝗮𝘀: Xestión Emocional e Saúde Global en Educación Física, un proxecto que aposta polo deporte como ferramenta para impulsar o benestar físico, mental e social do alumnado de Primaria.
✨ Mañá temos unha charla moi especial con Adrián Callejo, fisioterapeuta do CB Breogán, que nos achegará coñecementos moi útiles para o día a día no deporte e na actividade física.
💬 “Manexo das lesións e como previlas”
📅 Mañá, mércores 15.
📍 CEIP Luis Pimentel — 🕙 10:00 h
📍 CEIP Das Mercedes — 🕛 12:00 h
Unha oportunidade perfecta para aprender, resolver dúbidas e coñecer claves prácticas para coidar o corpo e previr lesións dende idades temperás.