Novas

Proxecto Persoas – Motopark Lugo

Onte recibimos no Proxecto Persoas a visita dos nosos amigos de Moto Park Lugo, nunha xornada diferente na que o deporte e a paixón polas dúas rodas se uniron para compartir experiencias únicas.

Durante a sesión vivimos un adestramento especial, marcado polo compañeirismo, o respecto e as ganas de aprender e desfrutar xuntos, nun ambiente cheo de enerxía e ilusión.

Moto Park Lugo, referente para os amantes do motor, achegou ao grupo a súa experiencia e coñecemento, demostrando que o deporte, en todas as súas formas, é unha ferramenta fantástica para conectar persoas.

Queremos agradecer especialmente a todo o equipo de Moto Park Lugo por acompañarnos nesta xornada e por compartir connosco a súa paixón e entusiasmo.

💙 Tod@s iguais, tod@s diferentes… simplemente Persoas