Novas

Boas Prácticas – Luis Abel Taboada – Deporte san, mente sa

Desde a Fundación Breogán pechamos o ciclo de sesións formativas de 𝗕𝗼𝗮𝘀 𝗣𝗿𝗮𝗰𝘁𝗶𝗰𝗮𝘀: Xestión Emocional e Saúde Global en Educación Física cunha última charla moi especial.

✨ O vindeiro mércores 29 contaremos con Luis Abel Taboada, director da Fundación Breogán, que nos achegará unha visión fundamental sobre a relación entre o deporte e o benestar mental.

💬 “Deporte san, mente sa”

Unha oportunidade perfecta para seguir afondando na importancia de coidar tanto o corpo como a mente a través da actividade física.