Novas

Experiencia Breogán – Protectora de Animais / Albia Funeraria Fernández

🐾 Xa estamos coa 3ª Experiencia Breogán deste 2026!

Nesta ocasión, e grazas ao apoio da nosa empresa benefactora Albia Funeraria Fernández, dedicaremos a semana á Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo, unha entidade que leva máis de catro décadas traballando sen descanso polo benestar animal na nosa provincia.

Ao longo da súa historia, miles de animais abandonados atoparon refuxio, coidados e unha segunda oportunidade grazas ao compromiso de voluntarios, socios e profesionais que fan posible este labor imprescindible.

Desde a Fundación Breogán queremos recoñecer e agradecer o enorme traballo que realizan día a día, promovendo ademais valores como a responsabilidade, a sensibilización e o respecto polos animais.

Seguimos sumando experiencias que unen deporte, solidariedade e compromiso social 💙