Hai historias que merecen ser escoitadas.
Desde 2022, Luz ao Deporte achega aos centros educativos de Lugo a cara menos coñecida do deporte de elite: a que fala de esforzo, disciplina, saúde mental, igualdade, superación e aprendizaxes que van moito máis alá dos resultados.
Da man da Fundación Breogán, da Xunta de Galicia e de ABANCA, este proxecto converte o deporte nunha ferramenta educativa a través do diálogo directo con deportistas e exdeportistas de primeiro nivel.
Ao longo das súas catro primeiras edicións, 16 relatores e relatoras compartiron as súas experiencias con máis de 5.000 estudantes de entre 12 e 18 anos pertencentes a 8 centros educativos, en encontros conducidos pola escritora e xornalista María Nieto.
No curso 2026/27 celebraremos a súa 5ª tempada, mantendo o mesmo obxectivo co que naceu: inspirar, educar e ofrecer referentes reais á mocidade.
